Friday 17 de May de 2024

As casas da mocidade acollen numerosos obradoiros no mes de decembro


Durante o mes de decembro terán lugar numerosos obradoiros e actividades gratuítas para a xuventude entre 14 e 30 anos nas Casas da Mocidade de As Pedras (Perillo) e Portaberta (Santa Cruz). Estas actividades terán lugar todos os venres do mes e poderase inscribir calquera persoa interesada ata o domingo anterior á celebración da mesma.

Nas Casas da Mocidade programan para as tardes dos venres de decembro numerosas actividades entre as que destacan os obradoiros de cociña de nadal, torneos de xogos de mesa, noites de xogos con durmida, obradoiro de make up, cociña en inglés ou “MociRadio” para todas aquelas persoas entre 14 e 30 anos que queiran participar. As actividades son gratuítas. Os horarios e espazos onde terán lugar os obradoiros son os seguintes:

1/12/2023 – OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL – AS PEDRAS – 17:30 a 19:30 h.

15/12/2023 – OBRADOIRO DE COCIÑA EN INGLÉS – AS PEDRAS – 17:00 a 19:00h.

16/12/2023 – TORNEO DE PARCHÍS – PORTABERTA – 17:00h a 22:00h.

22/12/2023 – NOITE DE XOGOS E DURMIDA – AS PEDRAS- 21:00 a 12:00h.

29/12/2023 – OBRADOIRO DE MAKE UP – PORTABERTA – 17:30 a 19:30h.

DATA SEN CONFIRMAR – MOCIRADIO

Durante o mes de decembro, nas Casas de Mocidade contarán con xogos ARCADE.

A inscrición está aberta desde o 20 de novembro a través da web centrosmocidadeoleiros.wordpress.com. Para obter máis información poderase consultar tamén a conta de Instagram das Casas da Mocidade (@centrosmocidadeoleiros) ou a páxina de Facebook (Casas da Mocidade Oleiros) e a web municipal www.oleiros.org.